domingo. 08.06.2025
GALERÍAS

Galería. Primavera de Portas Abertas 2024

O presidente da Ruta do Viño de Valdeorras, Joaquín Sánchez, inaugurou na tarde do 3 de maio a ‘Primavera de Portas Abertas’, coa que a entidade, en colaboración coa Axencia de Turismo de Galicia, pretende poñer en valor o enoturismo desta comarca e facer desta actividade unha fonte de recursos para os veciños durante todo o ano. 

Tamén asistiron ao acto de apertura o director da Axencia de Turismo de Galicia, José Manuel Merelles; a delegada Especial en Valdeorras da Deputación de Ourense, María Carmen González; e o alcalde do Barco, Alfredo García

A Asociación do Viño de Valdeorras espera que se batan récords de participación nesta edición, para a que ten preparada unha variada programación capaz de satisfacer ao turista máis esixente.

Galería. Primavera de Portas Abertas 2024