domingo. 03.12.2023
GALERÍAS

Galería. A obra de Díaz Ferrer viaxa á Coruña

O venres, día 22 de setembro, inaugurouse unha nova exposición pictórica no Centro Cultural Alexandre Bóveda na Coruña, « Díaz Ferrer, un artista valdeorrés universal»

«Nado no Barco de Valdeorras en 1922, Xesús Díaz Ferrer desenvolveu unha fecunda e prolífica actividade creadora. Utilizou e dominou múltiples técnicas e materiais: pintura, escultura, relevo, colaxe, gravado, cerámica… Posúe tamén unha enorme variedade de temas: paisaxes, retratos, bodegóns, nus, temática relixiosa, social e satírica, composicións abstractas, costumistas, surrealistas…»

«A crítica (María Fidalgo Casares) considera a Díaz Ferrer o elo necesario entre as vangardas europeas do século XX e Galiza. Díaz Ferrer é un artista integral das vangardas do século XX.».

Imaxes cedidas

Galería. A obra de Díaz Ferrer viaxa á Coruña