Como cada ano, O Barco celebra o seu magosto o 11 de novembro, coincidindo co patrón de Viloira, San Martiño. Dende as 19:00 horas a praza Otero Pedraio foi un fervedoiro de xente que non quixo perderse a festa. A cacharela non deixou de moverse para asar os 500 kilos de castañas e a xente agardaba pacientemente a cola para recoller o seu corneto; as planchas cheas de chourizos non daban feito para a xente que esperaba a súa quenda, e por suposto, non faltou o viño que correo a raudales. A parte musical correo a cargo de "Os Pándega"