domingo. 28.05.2023
GALERÍAS

Galería. Magosto no colexio Manuel Respino da Rúa

No colexio Manuel Respino da Rúa, este venres 12 de novembro, desfrutaron do magosto amenizado por un repertorio de cantigas e música tradicional galega. Dende cada titoría confeccionáronse cestiñas cucuruchos para disfrutar das castañas asadas, e leváronse a cabo distintas unidades didácticas relacionadas coa temática.

A partires das 11:30h. degustaron as típicas castañas asadas e boliños preñados propios desta festa.

No patio,organizados por cursos, desfrutaron dun repertorio de xogos populares: carretar castañas en carretiñas, encestar a castaña, leva a castaña polo seu camino, transporta a castaña, circuíto de castañas, 3 en raia con castañas e poñer cara a castaña.

Galería. Magosto no colexio Manuel Respino da Rúa