San Antonio de Padua volveo a saír polas rúas de Fontei e con el as mozas, e non tan mozas, portando as roscas casamenteiras.Non faltaron os pétalos de rosas que cubriron ao santo cunha chuvia de cores fronte a casa da Asociación de veciños, e claro está Elvira, Virucha, foi que llos lanzou. Moita xente e moito calor nunha procesión moi agardada