O Castelo de Castro Caldelas acolleu a xuntanza anual dos membros de Protección Civil de Galicia. Nunha xornada que no principio ía estar orientada para ós membros de Protección Civil de Ourense, inscribíronse ao final, voluntariado de Pontevedra, de lugo e de Coruña. Un total de 40 asociación de voluntarios y entorno a 350 membros pertencentes a esta organización.
O acto inaugural tivo lugar no castelo de Castro Caldelas, onde a súa alcaldesa Sara Inés Vega, diu a benvida as autoridades presentes e sobre todo “o mundo laranxa”. A rexedora sinalou que iles eran os auténticos protagonistas e que, “ate as pedras están felices de ver tantos voluntarios, porque hoxe a capitalidade do voluntariado e da solidariedade está en Castro Caldelas”.
Foi unha xornada lúdico e de convivencia na que se trataba, como nos dixo José Oliver Reboredo Campos, "de atraer ós medios de comunicación, para que poñan o foco sobre o que é o voluntario de Protección Civil e se vexa a gran labor altruísta que fan. Segundo, que pasen unha xornada divertida, que se coñezan entre eles e que podan coñecer unha zona tan bonita como é A Ribeira Sacra". Tamén recalcou a labor que fan os voluntarios. No que vai de ano, houbo rexistrados en colaboracións de Protección Civil, mais de 80 operativos que mobilizaron a mais de 1.100 voluntarios en toda a provincia de Ourense. Operativos como a Volta Ciclista a España, o Rallie de Ourense ou o da Ribeira Sacra; tamén operativos mais pequenos como carreiras populares ou festas.
Da nosa comarca participaron Protección Civil de A Rúa, O Barco, Vilamartín, Petín, Manzaneda, Trives, A Veiga, Viana do Bolo e San Xoán de Río.
Estas xuntanzas fanse con carácter anual e teñen unha dobre finalidade, unha de convivencia e outra formativa. Neste senso fixéronse dous obradoiros, un referido a vesta votulina e o outro destinado a aprender o manexo da Rede TETRA. Segundo José Antonio Grandas, subdirector de planificación e Protección Civil de Emerxencias, “é unha rede específica para grupos de emerxencia e seguridade, exclusiva da Xunta. Aporta moita seguridade, fiabilidade e unha capacidade de relación importante”. Luis Menor, Director Xeral de Emerxencias, recalcaba, “demais faise nun marco incomparable como é A Ribeira Sacra, que queremos por en valor, e contribuír modestamente a declaración da mesma como patrimonio da humanidade".
Despois da charla inaugural visitouse a exposición de material emerxencias. O remate, trasladouse ós participantes, en autobuses, o lugar de Abeleda (A Teixeira), onde se lles explicou e houbo unha demostración práctica de métodos de control da Vespa Votulina e obradoiros da Rede TETRA e demostración práctica do material de remolque de emerxencias.
A xornada rematou co xantar de confraternidade en Adegas Valcar, no lugar de Sacardebois (Parada do Sil) e a entrega de Medallas ó Mérito ANAV.