lunes. 16.06.2025
EVENTOS

Os colexios valdeorreses rinden homenaxe ao Entroido 2017

Os colexios da comarca e os seus alumnos manteñen vivo, ano tras ano, o tradicional Entroido ourensá. Nos centros de ensino, alumnos, profesores, pais e nais, vístense de gala para render homenaxe a esta festa ancestral.

A celebración, que xa comezou fai uns días cos Xoves de Comadres e Compadres, continúa coas festas infantís e os desfiles nos colexios da zona. Os nenos dos CEIP Julio Gurriarán e Condesa Fenosa, de O Barco, desfilaron esta tarde e gozaron dunha chocolatada organizada polo persoal do centro, e dos doces típicos que achegou cada neno. No Julio Gurriarán, ademais, sortearon unha bicicleta entre todos os rapaces.

Nos centros educativos de A Rúa, as cores e a troula tamén foron protagonistas. No CEIP Pablo VI Fátima, elixiron como tema principal para os disfraces o reino animal. Nenos e nenas, dende a gardería ata sexto de primaria, reconvertéronse en animais e desfilaron polas rúas da localidade. Ademais, o colexio invitou a pais, nais e avós para que gozaran tamén da chocolatada e merendola cos doces típicos -orellas de Entroido, biscoitos, filloas...- que os cativos trouxeron da casa.

[df-caption title="Os patio do Colexio Pablo VI- Fátima encheuse de animais moi divertidos" url="http://somoscomarca.es/wp-content/uploads/2017/02/somoscomarca_colegios_pablovi_entroido_2017-4.jpeg"]

Tamén os alumnos do CEIP Virxe do Camiño de Rubiá saíron do centro para desfilar e lucir os seus disfraces. A partir das tres da tarde as rúas do pobo convertéronse nun mar de cores e nun escenario de festa e diversión para os máis cativos.

[df-caption title="Os rapaces da Virxe do Camiño nas escaleiras da praza do concello" url="http://somoscomarca.es/wp-content/uploads/2017/02/somoscomarca_colegios_entroido_rubia_2017-2.jpg"]

Os nenos do Divina Pastora vestíronse de cegoñas e deron unha volta polas rúas do Barco, preto ao colexio acompañados por pais e familiares, para despois facer unha festa.

[df-caption title="As cegoñas do Divina Pastora" url="http://somoscomarca.es/wp-content/uploads/2017/02/somoscomarca_colegios_entroido_divinapastora_2017-2.jpg"]

En Viloira os rapaces do Otero Pedrayo tiveron festa desde as 12 da mañá e remataron a xornada tamén con unha merendola.

[df-caption title="Nenos do Otero Pedrayo na entrada do colexio" url="http://somoscomarca.es/wp-content/uploads/2017/02/somoscomarca_colegios_entroido_oteropedrayo_2017-7.jpeg"]

Os colexios valdeorreses rinden homenaxe ao Entroido 2017