jueves. 28.03.2024
EMPRESA

O Luar do Sil e Viña de Fornos gañadores na XXI Cata Oficial da D.O. Valdeorras

Os premiados déronse a coñecer ao remate da cea celebrada no Pazo do Castro

O Luar do Sil godello 2019 da adega Pago de los Capellanes e Viña de Fornos mencía 2019 da adega Fornos GRS, acadaron o primeiro premio na XXI Cata Oficial da D.O. Valdeorras.

Neste acto de entrega que supuxo un escaparate promocional para os viños de Valdeorras en substitución da tradicional Feira do Viño, distinguíronse os  tres mellores brancos e outros tantos tintos de Valdeorras e mención especial doutras anadas. Na categoría brancos, os godellos Alán de Val da Adega Alán e Casal Novo da Adega O Casal, foron o segundo e terceiro clasificado. En cuanto aos tintos, os mencías O cepado da Adega O Cepado e Viñaredo da Adega Santa Marta quedaron na segunda e terceira posición.



As mencións especiais viños outras anadas corresponderon ao Mil Ríos godello 2018 de Adega Terriña e Domus crianza 2014 de Adega Roandi.

Os premios dábanse a coñecer na sobremesa da cea celebrada o 31 de xullo no Hotel Restaurante Pazo do Castro na que participaron ao redor des 50 persoas. Os oito viños gañadores, doutras tantas adegas, elixíronse entre as 57 referencias, 28 brancos e 29 de tintos, das 21 adegas que remitiron as mostras para ser avaliadas polos oito catadores que as valoraron o pasado 10 de xullo na sede do Consello Regulador da D.O. Valdeorras.

 Invitados do mundo do viño e da política

Ampla representación do mundo da política na cea da XXI Cata Oficial dos Viños de Valdeorras. O conselleiro do Medio Rural en funcións, José González e o recente nomeado senador, Miguel Bautista Carballo, así como o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández ou o senador  Miguel Ángel Viso estiveron presentes. O alcalde do Barco, Alfredo García, o da Rúa, Álvaro Fernández; a alcaldesa de Larouco, Patricia Lamela e o seu homónimo de O Bolo Manuel Corzo, non faltaron á cita cos viños de Valdeorras.



Os presidentes dos consellos reguladores da D.O. Ribeiro, Juan M. Casares, e da D.O. Ribeira Sacra, José Manuel Rodríguez acompañaron o da D.O. Valdeorras, José Luis García Pando na singular velada.

José González puxo en valor as características dos viños desta denominación de orixe en particular e dos galegos en xeral, louvando o seu carácter”, “diversidade” e “calidade”. Sinalou que a Xunta mantén o seu compromiso co sector “activando todos os instrumentos financeiros de apoio á súa liquidez”, caso do préstamo vendima, para que as adegas poidan mercar a uva en condicións normais de mercado.

Mesa de autoridades

Tamén destacou a importancia de impulsar o sector do viño galego como panca para o “fortalecemento das economías locais” e, ao mesmo tempo, para “exportar calidade, facendo que nos descubran, para que o mundo queira ternos tamén nas súas mesas”.

O titular de Medio Rural en funcións amosou tamén o seu agradecemento “polo esforzo que implica o cultivo e a elaboración dun viño de tan excelente calidade” e felicitouse porque “o prestixio que acumula o noso viño transcende máis aló de Galicia, sendo recoñecido dentro e fóra das nosas fronteiras”.


O Luar do Sil e Viña de Fornos gañadores na XXI Cata Oficial da D.O. Valdeorras