sábado. 20.04.2024
CULTURA

Elefante Elegante fixo ás delicias dos barquenses con Patapatum

[row][double_paragraph][the_ad_placement id="nadal2018-izquierda"] [/double_paragraph][double_paragraph]

A compañía Elefante Elegante estroi no Barco un novo espectáculo en que a familia é a protagonista, pero sobretodo os máis cativos da casa.

‘Patapatum’ é unha obra sen diálogos en que a estética do circo e a música en directo dominan a escena, neste caso a función -ca que comenzaron a rodar por diferentes escenarios o pasado mes de abril- foi representada no Teatro Lauro Olmo barquense para nenos maiores de 2 anos de idade.

Patapatúm é a reflexión do Elefante Elegante sobre o tempo, a crianza e como enchemos os baleiros das nosas ausencias. Cunha banda sonora inspirada na música dixieland, a máscara e o xogo físico propician un universo cómico que viaxa desde o realismo ata a hipérbole da nosa vida cotiá.

A obra tivo unha duración de 45 minutos onde todo o público quedou abraiado coa actuación da compañía de Cambre (A Coruña)

 

Elefante Elegante fixo ás delicias dos barquenses con Patapatum