sábado. 10.06.2023
CULTURA

O ciclo Terrasón animou a fin de semana barquense

Leváronse a cabo 3 concertos dentro do ciclo Terrasón, un deles no barrio de San Roque, que celebrou unhas festas patronais moi atípicas

O ciclo musical, Terrasón 2020, organizado polo Concello do Barco, continúa deleitando aos barquenses coa súa música, nunha fin de semana onde a calor deu tregua incluso no concerto da sesión "vermú" do domingo pola mañá.

Os Broders foron os primeiros en subirse ao escenario, foi o venres 14. Este concerto serviu para celebrar dunha forma atípica as festas do barrio de San Roque, que honraba ao seu patrón o sábado 15, nun 2020 onde non houbo verbena e todos os asistentes deberon gardar as distancias de seguridade.

O dúo formado por Big Grethel actuou durante a noite do sábado no Paseo do Malecón, preto do Teatro Lauro Olmo, nun concerto onde enchéronse as cadeiras disponibles para poder ver ao grupo do Bierzo, escoitando os asistentes unha mestura de pop e jazz.

Por último o santiagués Tomás Porteiro pechou o fin de semana de espectáculos musicais cunha actuación que se levou a cabo tamén no Malecón, nun concerto no que o artista, que debutou neste 2020 en solitario, interpretou temas de jazz e outros que se achegaban ao rock americano.

Terrasón 2020 todavía non acabou, xa que o barquense Sr. Jingles será o encargado de amenizar a noite do venres 21 de agosto a partir das 23 horas no Malecón, na zona das Pistas Deportivas, e Sheila Patricia, quen se achegará ata O Barco para interpretar temas con influencias do folk, o fado, o jazz e o folclore latinoamericano actuará o sábado 22 pola noite.

Comentarios
O ciclo Terrasón animou a fin de semana barquense