miércoles. 31.05.2023
CULTURA

Manuel Blanco amosou o Castro de Doade os Valdeorreses

Na tarde do 25 de xaneiro, Manuel Blanco Villar presentou, no Casino do Barco,  a súa obra O Segredo do Castro de Doade. A presentación correu a cargo do presidente do Instituto de Estudios Valdeorreses —IEV—, Aurelio Blanco Trincado, quen aproveitou a ocasión para reivindicar un museo para Valdeorras e a rehabilitación dos castros existentes na comarca, empezando polo de Valencia do Sil, cuxos traballos de restauración estiveron feitos no inicio polo grupo arqueolóxico de  «Os Escarvadores».

 

 

Xunto a Manuel e Aurelio estiveron nesta presentación, Avelino Jácome Iglesias, autor da lenda que aparece no libro Romance de Aldara e Galael,  así coma Miguel Ángel Martínez Coello, editor, ilustrador e autor da portada.

 

 

Logo das primeiras palabras de Trincado tomou a palabra a xoven María quen, en nome da Casa do Patrón de Lalín, deu a benvida aos presentes entre os que se atopaban o arqueólogo Santiago Ferrer e o responsable da sección de arqueoloxía do IEV José Fernández ou a concelleira Margarida Pizcueta.

 

 

Blanco Villar primeiro deu a coñecer aos presentes a Casa do Patrón así como o pobo de Doade. Se fas clic en no seguinte enlace escoitarás esta presentación:

 

 

No libro fálase dos achádeos do castro, das lendas que hai sobre el, do que eran os druídas, dos mouros ou das mámoas da parroquia, a exposición previa de Villar tamén vesou sobre estes temas.

O Castro de Doade é un dos poucos excavados no interior de Galicia, tal como comentou Blanco Villar, e un dos máis estudados. É un castro típico que, segundo conta o autor do libro, tivo polo menos tres fases de ocupación, desde o século V a. até o IV d.C. Una fase castrexa castrexa, outra romanizada e outra romano tardía.

Segundo Villar, a singularidade deste castro atópase no sistema defensivo, composto por un labirinto de fosos e unha muralla que alcanza en algún punto os 7 metros. Hai cinco fosos comunicados entre si, dos cales dous xa están escavados y este ano queren escavar o terceiro.

 

 

As lendas son comúns a moitos castros, unha delas é a que se relata nesta obra. Existe unha cova chamada «a dos mouros» na parroquia que limita co castro, preto do río Arneiro que baña Doade, segundo a cal, os mouros que se viron obrigados polos romanos a abandonar o castro, de xeito pacífico, agocháronse na cova. Alí viviron durante anos grazas a un veciño que lles levaba a comida. En gratitude, os moradores da cova déronlle un vestido dourado para a súa dona pero, non podía contarllo a ninguén. O home non contou o segredo, pero a muller o pasar uns días probou o vestido e non poido deixar de amosarllo as veciñas, nesa prendeulle lume e ardeu o traxe e a muller e con ela tamén desapareceron os mouros.

 

 

Falou Blanco dos e das druídas, da igualdade dos homes e mulleres na cultura castrexa, do museo que teñen a veira do Castro de Doade, unha casa castrexa, feita  con pedra da casa maior que se encontrou no castro. Descubriu aos presentes a historia dunha terra e do seu pasado, o seu valor etnográfico e patrimonial.

Se queres escoitar a exposición de Manuel Blanco sobre o Castro de Doade, fai clic no seguinte enlace:

 

Comentarios
Manuel Blanco amosou o Castro de Doade os Valdeorreses