jueves. 08.06.2023
Concellos

Tapas e cócteles de outono para por en valor os produtos da terra

Un curso de

cociña e coctelería no que os produtos autóctonos son os protagonistas

Primeiro na Rúa e no Barco, e na vindeira semana en Rubiá e Chandrexa, estase a celebrar na comarca un curso de cociña e coctelería con materia prima autóctona. Ós participantes ensínaselles a elaborar tapas con produtos típicos do outono tales como castañas ou cogomelos. Os «postres» tamén son parte importante dentro da iniciativa.

Un total de 26 participantes entre os dous concellos —15 no Barco e 11 na Rúa— participaron esta semana no Barco e na Rúa. Nas dúas sesións ensínanselle diferentes técnicas culinarias por parte dos docentes Gerson Iglesias membro do Grupo Cociña Ourense e Belén López  de Catering Belén Lopez. O curso ten unha parte teórica e outra práctica ademais da degustación final por parte dos participantes.



Realizouse os

días 2 e 3 de decembro na Rúa e, 4 e 5 de decembro no Barco de Valdeorras. Os

vindeiros cursos serán o 9 e 10 de decembro en Rubiá e Chandrexa de Queixa. Rúa

e Barco repiten mentres que Rubiá e Chandrexa substitúen a Trives e A Veiga que

participaron o pasado ano.

O Curso de Tapas e Coctelería no Outono estase a levar a cabo a través do Xeodestino Manzaneda Trevinca e o Inorde e cofinanciado polo Fondo Europeo de Desarrollo Regional, FEDER.

Segundo Javier Rodriguez Hervella, coordinador de actividades Vida Láctea Ourense, organizadora do curso a valoración é moi positiva. «É o segundo ano que o realizamos e estamos moi contentos, tanto ca xente como cos resultados». Os participantes son amas de casa, persoal de hostalería, as cociñeiras dos colexios onde se realizou o curso —Condesa de Fenosa no Barco e Manuel Respino na Rúa— e persoas os que queren saber algo máis da cociña.

O Grupo Cociña Ourense o que pertence un dos ensinantes é un colectivo integrado por profesionais da cociña de toda a provincia que quere fomentar a gastronomía e promocionar Ourense como destino enogastronómico. Basean as súas elaboracións na cociña de mercado na que os produtos locais e de tempada so n os principais protagonistas. Tamén buscan mellorar os hábitos alimenticios e a calidade de vida a través da gastronomía do interior.

Comentarios
Tapas e cócteles de outono para por en valor os produtos da terra