Veciños e xunta veciñal de Casaio limparon e sinalizaron 5,5 quilómetros do camiño que vai desde o Campo de Valborraz (A Cabrita) até o pé de Pena Negra
Unha subvención de Rede Natura concedida a CMVMC de Sierra de Casaio e Lardeira e o traballo dos veciños e dos membros da xunta veciñal fixo posible o desbroce de 5.5 quilómetros do camiño que vai desde A Cabrita —Campo de Valborraz— ate Foio Castaño. Tamén se instalaron postes indicativos de madeira que informan da distancia e a dirección para chegar a un lugar determinado.
A Ruta na que están a traballar e que leva até o pé de Pena Negra pasando polo Teixadal; parte de Casaio, pasa por Romiña e baixa o río Valborraz —este tramo non está completamente arranxado, falta o paso sobre o río—. Río arriba chégase até as minas de volframio de Valborraz e subindo un pouco máis ó lugar denominado «Campo de Valborraz ou A Cabrita», punto onde se comezaron os traballos.
Desde o Campo de Valborraz desbrozaron nunha anchura de 3 metros o camiño que vai ao Teixadal e a Folgosa, onde a ruta pasa por riba da fervenza coñecida co nome de «Fontalón de Folgosa» e remata en Foio Castaño ás faldas de Pena Negra. Desde este punto, un sendeiro conduce a Pena Trevinca, cuxo arranxo será a seguinte acción que queren acometer desde a xunta de montes.
Desde a xunta de montes indícanos que, ao final do tramo arranxado hai una zona onde se pode facer escalada sobre xeo ou neve —desde o Foio Castaño até o cumio de Pena Negra—, mesmo esta fin de semana tres deportistas de Valdeorras ascenderon este pico. «Hai tempo o Club Montañeiros Celtas de Vigo viñan a practicar a escalada este lugar», asegura un membro da xunta de montes.
Fotos cedidas