jueves. 30.11.2023
Breves

Castañas e amigos en Vilanova

O tres de novembro foi unha noite fría en Vilanova de Valdeorras, pero isto non detivo aos veciños para xuntarse e organizar un bo magosto. As 19:00 comezaban a arder as primeiras castañas na praza da aldea, e os máis puntuáis ían chegando ao lugar de encontro. Pouco a pouco, e coa axuda da música, —que amenizou a velada— todos os veciños remataron bebendo viño e comendo castañas quentes ao redor da fogata.

 

 

Pero non só había castañas neste singular magosto. As integrantes da Asociación Cultural O Mosteiro encargáronse de repartir chourizos, asados ou cocidos, a cada veciño que se acercase. E, para baixar a comida, houbo bica e unha queimada que deixou a todo o mundo coa boca aberta.

 

 

Castañas e amigos en Vilanova