jueves. 18.04.2024
A Veiga

Juan Anta: «Esto é de todos. Somos imparables»

A cadeira de

Fernando Fernández Yáñez quedou valeira ó non acudir ao pleno de constitución

da nova corporación municipal

Na Veiga gañou a xuventude e as gañasde traballar por un pobo. Juan Anta consolida o seu goberno despois de catro anos de esforzo, tesón e paixón pola «súa» Veiga.

O líder da oposición Fernando Fernández —único concelleiro que logrou obter o PSdeG-PSOE nestas eleccións— non asistiu o pleno alegando motivos familiares e comunicándollo a Anta a través de Whatsapp.

A máis nova, Sandra, e o máis maior, Vicente, da corporación non se levan nin 15 anos

Un pleno no que a emoción estivo moi presente e tamén, a ilusión dun equipo que ben con moitas gañas, no que o importante é o traballo en común e a dedicación.

Juan Anta comezou o seu discurso deste xeito: «Para nos é un día importante, pero para todos. Viña pensando que dicir ou non dicir, e vou dicir catro cousas: unha as cousas que fixemos, outra as que vamos a facer, dar as grazas porque hai que ser agradecido e por último pedir un favor», menos mal que foron catro, porque a súa intervención durou 15 minutos.

Juan Anta ilusianado coma un meniño agradecendo o seu equipo o esforzo e dedicación

E ben sabido de todos que Anta é unha persoa de verbo fácil e que o seu pobo, A Veiga, xunto coa súa familia é paixón que o move. Ilusionou aos seus veciños cos seus proxectos e engaiolou de tal xeito que pasou de gobernar con independentes da Veiga a  faltarlle un para ter o pleno.

«Intentamos facer

o mellor que puidemos, fixemos obras nos pobos, intentamos dar oportunidades a

xente nova, coidar aos maiores e sobre todo intentamos que a xente vivise feliz

na Veiga. Despolitizar todo o que tiña política e sobre todo tratar a todo o

mundo por igual», arrancou o seu discurso mirando o pasado, para continuar

pondo a vista no futuro.

Julia, a súa nai, non pode estar máis orgullosa

Por en valor o

turismo, anpoiar aos gandeiros, aos apicultores, mirar polos maiores, potenciar

que a xente xove se queira quedar a vivir no pobo, son proxecto que terán

continuidade segundo as súas propias palabras.

O favor que Anta lle pediu os presentes foi «traballar todos xuntos», xa que é a única maneira de construír e crear algo entre todos.

Juan xurando o seu cargo

Anta enorgulleceuse de ter un equipo de xente moi nova que non teñen interese político e o único que perseguen e «facer da Veiga algo grande». Agradeceu un por un o seu equipo nomeándoos e dicindo cousa por cousa o moito que fixeron. Tamén se acordou dos seus, de todo o que lles leva quitado e das preocupacións causadas. Emocionouse e fixo emocionar a todos os presentes cando se acordou de seu pai. «O meu pai díxome hai uns anos, que tiña que ser traballador e honrado e sobre todo que o intentara todo porque esto merecíao. Eu fíxeno, e seguro que el está contento do que facemos entre todos», un rotundo aplauso soou tras estas palabras. «A Veiga vai ter un equipazo, o equipazo é este, pero sobre todo é os que estades aí detrás. Vamos a construír algo que todo o mundo recordará para sempre. Moitas a todos e vamos a seguir traballando»

Vídeo da intervención de Juan Anta no pleno de constitución da corporación municipal:

Juan Anta: «Esto é de todos. Somos imparables»