E unha comunidade educativa onde todos se implican e os nenos desfrutan das pequenas cousas
O colexio da Veiga e un deses centros educativos onde os nenos séntense como na propia casa. Segundo nos dicía Luján, unha alumna de San Lourenzo: «Somos una pequeña familita, los profes serían los padres y nosotros los pequeños hermanitos».
Neste centro educativo respírase proximidade, compañeirismo, achegamento aínda que cando comeza o curso, como cada ano marchan os profesores e o seguinte veñen outros novos, os nenos móstranse un pouco receosos. Segundo o seu director hai que ir entrando pouco a pouco e gañar a súa confianza. «Son os xefes, escoitámolos, propuxémoslle o proxecto e directamente pedímoslle permiso como se fai no folión». Y é que o folión é unha parte moi importante do pobo e, por ende da comunidade educativa.
Non se aburren dado a cantidade de actividades que fan: cine, gravaron un disco, convivencias cos nenos de Vilariño de Conso, Viana, A Gudiña ou O Bolo. Celebran o Samaín, magostos e sobre todo viven o Entroido. Na convivencia con Vilariño de Conso tuvo como temática a transhumancia que inda se operativa aquí e en Manzaneda.
Neste centro estudan 17 nenos e nenas de infantil e primaria —non hai nin segundo nin terceiro curso—. Hai tres profesores e a profe de A.L. que alterna coa Gudiña o de relixión que vai os venres e unha profe de prácticas.
Os profesores non traballan «desfrutan». Os nenos transmiten ilusión, como nos conta o seu director Javier Álvarez. «Creo que o primeiro centro no que estou que me custa que os nenos se vaian para a casa, porque non queren realmente marchar. Tes que botalos».
«A Veiga é un destino que naide quere, chegas chorando porque teoricamente che tocou o peor. E, marchas chorando de pena porque deixas un dos mellores destinos que lle pode caer a un docente», di o director. Tamén asegura que a xente da vila involúcrase moitísimo ó igual que o Concello que axuda en todo o que está na súa man.
Se queres escoitar a entrevista que lle fixemos a Javier Álvarez, dálle á seguinte ligazón:
Son nenos abertos que desfrutan das pequenas cousas, segundo nos indica Javi. « Están en contacto de cotío co silenzo, coa narureza e iso nótase na forma de traballar. Son autónomos e exixen un montón».
Fixeron unha película que leva por título «A consciencia» que intenta achegarse á xente que non comprende o lado negativo da despoboación de unha zona tan incríbel «o top de paraíso que temos en Galicia».
Teñen unha radio «Radio Veiga», onde fan programas de música, deporte, videoxogos ou entrevistas. Carmen, a quen lle encanta facer entrevistas porque «es interesante escuchar lo que dicen otras personas de A Veiga», ata entrevistou á entrevistadora. A Sergio e Luján polo contrario gústalle a investigación e están a facer un programa sobre a Alberguería, a vila que está afundida baixo as augas do encoro de Prada.
Aman a súa cociñeira Toña, que lles fai panini —os nenos adoran esta comida— e tamén tortilla, , espagueti ou empanadillas con masa «feita por ela mesma».
Desde este medio
agradecemos a especial colaboración de: Luján de San Lorenzo, Hugo de Valdín,
Guille e Candela, da Veiga; María de Seoane, Leire de Lamalonga, Carmen de Xares, Irene de Baños, David de
Corzos, Sergio de Corzo e Baños.
Tamén a dos máis pequechos que arrincaron o noso sorriso: Izan, Lucía, Alejandro, os dous Hugos e Narel.
O programa completo emitido en Radio Valdeorras Onda Cero poderalo escoitar na seguinte ligazón: