Obrigadas a un cambio de esceario de última hora, Olaia, Sabela e Aida, compoñentes do grupo Tanxugueiras, non defraudaron ao público asistente á súa actuación. Pensada para unha noite de altas temperaturas de verán á beira do Sil, a actuación deste grupo, programada pola concellaría de Cultura do Barco, no marco do VI Ciclo De Perto, era finalmente trasladada baixo teito ao Teatro Municipal Lauro Olmo. A pesares da tormenta acontecida unas horas antes da actuación, Tanxugueiras conseguía casi encher o Teatro e envolver aos asistentes co seu estilo tan particular.
Nunha entrevista previa a actuación, Sabela, unha das compoñentes, facía referencia á ilusión coa que viñan a Valdeorras, «un lugar fermosísimo». Anunciaba Sabela moita «tolería e transparencia» nunha actuación que estivo marcada polo cantar tradicional galego, chea de maxia e cor. Tras a saída ás rúas do seu primeiro disco, Tanxugueiras comeza a erixirse coma o grupo revelación deste estilo musical. Unhas voces noviñas que cantan con paixón para que a música tradicional «deixe de ser música de vellos e pase a ser música de novos que comezan a facer unha nova tradición».
Se queres escoitar a entrevista completa a Sabela, de Tanxugueiras, fai click no seguinte enlace: