martes. 16.04.2024
Audio

Recollida de plásticos a beira do río Sil no Barco e Vilamartín

O recentemente

estreado club deportivo de pesca Spinnig Valdeorras comezou as actividades, un

cursos de pesca para nenos será a seguinte

O novo club de pesca deportiva Spinning Valdeorras que se constituíu fai tan só unha semana no Barco xa comezou a actividade ca recollida de plásticos a beira do rio Sil. Unha vintena de persoas divididas en dous grupos  encargáronse de recoller o lixo nas marxes do río Sil en Vilamartín e O Barco.

Segundo o seu presidente, Daniel Prieto Rodríguez, que encabezaba o grupo do Barco: «Estamos intentando limpar un pouco de plásticos o río antes de que comece a tempada de pesca. Tralas crecidas quedan moitos plásticos colgados nas árbores e pinta moi feo», explicou.  O tempo mellor para facer esta labor é agora, xa que as árbores aínda non teñen follas e as herbas non medraron; así a recollida é moito máis doada.



No barco comezaron na paraxe da Playa del Oro e seguiron río arriba pola marxe dereita. En Vilamartín o punto de partida foi a presa de Valencia do Sil para dirixirse cara a zona do Bañadoiro. Neste  concello o propio alcalde, Enrique Álvarez Barreiro uniuse á iniciativa y é que como el mesmo subliña:  «É unha das mellores noticias que vos poido dar, que se limpe o río. Porque de non facelo non vai ser necesario que naide nos mate xa o estamos facendo nos mesmos».

Neno de curta idade axudando nas taredfas de recollida de lixo no Barco

Os nenos son parte importante neste club, e así puidémolo constatar esta mañá ca presenza de cativos de curta idade recollendo o lixo.  Para eles o club ten pensado facer un curso de pesca. «Eu cando era nino había moitos tamén pescando e daba gusto tiñamos unha alternativa e agora quedan na casa co internet e as consolas. É unha alternativa que saian a pescar, que vaian ó río, que lles de o aire e que coiden do entorno», recalca Daniel.

Daniel Prada, presidente do club, recollendo os plásticos a beira do Sil

O club conta con 80 asociados e para formar parte del so hai que pagar unha cuota anual. O prezo é de 25 euros anuais e  ademais dun seguro coa inscrición agasallan cunha camiseta.

Lixo recollida o pé da presa de Valencia do Sil en Vilamartín

Para facerse socio ou informarse o presidente sinala que hai un número de teléfono onde se pode chamar, é  o 637315837. Tamén teñen unha páxina de Facebook onde informan de toas as novas e das actividades a realizar.

Se queres escoitar o que contou Daniel Prada, preme na seguinte ligazón:

Recollida de plásticos a beira do río Sil no Barco e Vilamartín