jueves 21/10/21
Audio

Alfombras de Corpus entre nubes e claros

Tres xoves hai no ano que relocen máis co sol, Xoves Santo, Corpus Christi e a Ascensión. Aínda que non é xoves si se celebrou o Corpus na nosa comarca con sol a primeira hora da mañá e logo nubes que non deixaron caer nin gota de auga para que estas creacións de arte efémero fosen contempladas por milleiros de persoas.

A Rúa, parroquia de Santo Estevo

Os veciños miraban onte a noite para o ceo por si aparecía a choiva, pero segundo nos contaron so asomou unha fermosa lúa que deixounos traballar, a arreo iso si, para ter xa as dez da mañá as alfombras decorando as rúas da parroquia de Santo Estevo.

 

 

Levaban varios meses preparando esta celebración, cortando thujas, tinguindo a sal ou as fabas e garavanzos que forman a silueta dos debuxos, mirando cal é o deseño máis bonito ou o que mellor encaixa y as 19:00 horas do 1 de xuño comezou todo. Os homes e mulleres da Rúa Vella primeiro marcaron no chan os debuxos, logo tocou o recheo con sal —800 kg de gorda e fina—, o perfilado. Este ano ao redor de 50 persoas entre eles nenos xuntáronse para confeccionar as preciosas alfombras. Non faltou o chocolate y o café co que se mantiveron espertos toda a noite.

 

 

Máis de 130 metros de alfombras decoraron as rúas da praza, a praza César Conti, a do Fondo da Rúa y o atrio da igrexa. A Praza de César Conti y a calle da Praza decoráronse  con dúas alfombras de 24 metros de largo cada una, ademais dun altar que conta a súa vez con outra alfombra, neste caso de fondo branco con dúas rosas vermellas a cada lado. Neste tramo elixíronse motivos relacionados con Cristo Rei, a pomba da Santísima Trinidade ou o Cáliz.

 

 

No Fondo de A Rúa instalouse una de 32 metros de largo acompañada do altar cun precioso debuxo de Xesús como pescador. Escenas como o lava pés, o bautismo ou o cáliz foron os motivos que se puideron ver nesta alfombra. A máis grande púxose no atrio da igrexa. Máis 40 metros de largo nos que a temática estivo relacionada coa comuñón dos nenos e nenas xa que hai que subliñar que en este día son os nenos de primeira comuñón xunto con la Custodia.

 

 

Petín, A Veiguiña e Praza.

Pola súa parte en Petín, os veciños cubriron A Veiguiña cunha alfombra na que o debuxo principal foi un cáliz coas espigas do pan e un acio de uvas. Neste barrio petinés levan 27 anos realizando esta alfombra e só no 2016 non a fixeron por mor da choiva e o mal tempo.

 

 

Namentres que os veciños da praza de Doutor Quiroga instalaron tamén a súa alfombra co seu correspondente altar. Este ano, a diferenza do anterior, houbo moitas flores: de xesta, rosas, fiollo, verde dos prados e moitas outras variedades de pétalos collidos nos montes do redor.

 

Comentarios
Alfombras de Corpus entre nubes e claros