Vilela celebra a festividade da Virxe do Carme con música, actos relixiosos e unha gran pulpada.
A Asociación de Veciños de Vilela organizou un ano mais, e xa van dez, unha xuntanza popular na Aira o 15 de agosto. Máis de 200 persoas reuníronse en torno ó pulpo con cachelos, bica, licor café e viño a esgalla, como reza no cartel anunciador desta X Xuntanza. As 20:30 chegaban os primeiros comensais para dar boa conta dos manxares que se serviron na xuntanza para ó remate da cea bailar nas festas patronais.
O domingo 16, os gaiteiros co pasarrúas, a misa e procesión da Virxe do Carme, o campionato de tute ou o baile foi o que desfrutaron os veciños e persoas que se achegaron a Vilela na localidade de A Rúa.