martes. 24.06.2025
A Rúa

Roblido celebrou o San Xoán cunha cena e concurso de doces

Os comensais plantáronlle cara a chuvia e do arroz, ainda que pasado por auga, non deixaron nin grao

A auga fixo acto de presenza na cea que se celebrou na praza de Roblido o pasado venres. Esta parroquia da Rúa celebra, ano tras ano, as festas de San Xoán cunha cea popular na praza do pobo. A comida nocturna permite que se xunten os veciños, para recordar os vellos tempos e pasar unha noite de lecer e diversión.

Ao redor de 100 persoas case que todos veciños, aínda que xa non viven no pobo, reuníronse en torno as dúas mesas habilitadas para a papatoria. De menú entremeses variados a base de xamón, queixo, chourizo e salchichón, logo o  arroz e de sobremesa tocou catar os doces feitos para o concurso, que xa vai na quinta edición. Logo festa rachada onde se bailou e trouleou.



A media cea a chuvia, que esta fin de semana respectou pouco as celebracións, fixo acto de presenza pero non logrou estragar a festa. Os de Roblido e achegados quedaron sentados esperando a que parara e parou, porque como di o dito, nunca choveu que non escampara. As previsións deste mal tempo fixo que a outra cea prevista para esa mesma noite na Rúa Vella se aprazase.

A celebración acoden,

sobre todo, os que por razóns de traballo ou de mellorar a calidade e

condicións de vida xa non viven en Roblido pero que o levan moi dentro. Así, hai

quen sube case que todos os días a dar unha volta polo seu pobo, a mirar como

van as leiras ou simplemente a desfrutar das espectaculares vistas. Desde

Roblido pódese ver o fondo do val de Valdeorras, pódese chegar ca mirada até as

montañas de Trevinca, e tamén se pode observar as montañas das Terras de Trives

e as terras de Momtefurado.



Aínda que hoxe sería o propio día da festa, esta xa se celebrou onte coa misa na honra do santo que tamén lle da nome a igrexa. Y é que, en Roblido xa quedan poucos veciños vivindo pero moitos que levan o seu pobo no corazón.

Fotos cedidas pola veciñanza

Roblido celebrou o San Xoán cunha cena e concurso de doces