jueves. 28.03.2024
A Rúa

Noite de Xoves de Comadres na Rúa

O Xoves de Comadres volveu a ser unha concentración multitudinaria de mulleres cuxo único obxectivo foi pasalo ben

O Entroido xa está aquí, a noite do Xoves de Comadres así o confirma. Na Rúa, un ano máis, as mulleres botáronse as calles para sementalas de cor, humor e bo rollo. Tamén se deixou ver algún home e a súa ousadía pagárona con un baño de po de talco ou fariña.

Os homes que saíron a rúa atopáronse con estos paiasos que lle deron o seu merecido

Os establecementos hostaleiros da vila enchéronse de mulleres que saíron á rúa co obxectivo de pasalo ben, sen outra preocupación que unha noite entre cervexas, viños, refrescos e ganas de festa.

Espectácular disfraz de marioneta

En blanco e negro, bustos, geishas, indios, chinesas, marionetas, paiasos, policías, a meiga de Branca Neves, a azafata de vó, marionetas, minies, criadas, vellas... todas baixo o disfraz, ainda que algunhas ian a cara descuberta.

En Petín tamén se viviu o Xoves de Comadres de ratiñas

Logo cena multitudinaria no Casino e se aínda quedaban ganas de troulear aí volvían estar os bares para poñer música e bailar ao tempo que se falaba, ría ou simplemente se desfrutaba dunha noite especial.

As criadas transgrediron algunha das normas

Viva o Entroido!

Noite de Xoves de Comadres na Rúa