viernes. 19.04.2024
A Rúa

Magosto multitudinario na Rúa

A tarde acompañaba e a explanada da estación de autobuses encheuse de xente en busca do saboroso manxar desta época, as castañas asadas. Máis de 700 persoas déronse cita no magosto tradicional celebrado na tarde do venres, 2 de novembro, na estación de autobuses da Rúa, que un ano máis acolleu esta celebración organizada polo Concello.

Unha longa ringleira de xente agardou desde antes das 20:00 —hora de comezo— para coller os boletos que daban dereito a un bolo preñado, castañas asadas e viño, por un prezo de 2 €.

 

 

Mais de 300 quilos de castañas asáronse preto da carpa onde, membros da corporación municipal e traballadores do Concello, empregáronse a fondo para repartir bolos e bullotes.

Unha discoteca móbil animou o festexo e fixo bailar a nenos, mozos e vellos.

 

Magosto multitudinario na Rúa