lunes. 05.06.2023
A Rúa

Francisco García: «O BNG apoia as reivindicacións dos emigrantes retornados»

O candidato nacionalista ao Congreso estivo en A Rúa para falar co colectivo e a problemática das pensións

O candidato ao Congreso dos Deputados polo BNG en Ourense e ex alcalde de Allariz, Francisco García, achegouse ata o aula multiusos do Concello de A Rúa, acompañado da parlamentaria Noa Presas, para manter unha reunión con veciños e veciñas retornados, que foron emigrantes, do municipio para abordar cuestións como as pensións.

Francisco García, Noa Presas, Roberto Quiroga y María González Albert

Noa Presas indicou que existe preocupación do BNG polo colectivo de pensionistas, especialmente de Ourense,  pois  «temos as pensións mais baixas na provincia con respecto a Galiza e tamén son mais baixas con respecto a España», deu a coñecer. Calificou ista situación de «inxusta».



Dixo que o BNG permanecerá moi atento a revalorización das pensións en xaneiro e citou as dificultades de pensións de invalidez. «Non é normal que non haxa un marco común europeo, que si tes unha discapacidade recoñecida en Alemania, Suiza o outro país, non haxa unha tabla de equivalencias co Estado esapañol». Tampou ve ben que non haxa unha revisión do IRPF e da Lei 35/2006, circunstancia que obriga a que cada persoa «teña que ir aos tribunais. Fai falta vontade política».

Francisco García, durante a reunión cos emigrantes retornados

Pola súa banda, Francisco García, felicitou ao colectivo de emigrantes por reivindicar a súa problemática de forma individual e colectiva. Recordou que son moitos os galegos que emigraron. E puxo como exemplo o seu caso. «A miña nai estivo tres anos en Alemania e o meu pai, 12», relatou. Considerou que o Goberno debería «ter sensibilidade hacia a súa xente, que contribuiu o desenvolvemento económico e social do noso país».

Emigrantes retornados de A Rúa

Mostrou a disposición do BNG a estar aberto a calquera cuestión do colectivo dos emigrantes, a través de María González Albert, para escoitar e apoiar as súas demandas. «Aos galegos ninguén nos saca a castañas do lume senón estamos cunha representación no Congreso», apostillou.

Encontro do BNG cos emigrantes retornados

A problemática das pensións dos emigrantes retornados «nos toca no sentimento, na dignididade, é unha cuestión moi sentida. E estou aiquí para mostrar a disponibilidade do BNG para reivindicar de forma colectiva iste asunto».

No encontro estiveron os portavoces do BNG nos Concellos de A Rúa y O Barco, María González Albert e Suso Vilasánchez, respectivamente; Avelino Fernández Seco e Roberto Quiroga, entre outros.

Comentarios
Francisco García: «O BNG apoia as reivindicacións dos emigrantes retornados»