domingo. 08.06.2025
A Rúa

A Rúa reclama responsabilidade cidadá na xestión do lixo e excrementos animais

Ante a proliferación excesiva, detectada polo Concello de A Rúa, de elementos voluminosos depositados ao carón dos contenedores de lixo xerais, verdes e amarelos, nas rúas e veirarrúas da vila, o alcalda Luis Fernández Gudiña fai un chamamento á cidadanía para «que todos os veciños colaboren chamando ao concello facendo uso do servicio de recollida especial». Non entede o primeiro edil que, «tendo o Punto Limpio moi preto do núcleo urbano» e contando ademáis con este servizo, a xente siga «optando por deixalo nás rúas co mal aspecto que da ver así o pobo e o perigo que pode supoñer». Insiste en que «cunha simple chamada ao consistorio, nós pasamos a recollelo e levalo onde debe depositarse».

A mesma sensibilización e colaboración pide o rexidor rués para aqueles donos de animáis domésticos que non recollen os excrementos que os seus animais depositan nas rúas. «Preocúpanos. Levamos feito varias campañas de sensibilización, con colocación de carteis, bandos, e a xente non acaba de asumir que aquela persona que teña unha mascota, ademáis de coidala, ten que procurar que non xenere problemas de carácter público ao resto da cidadanía». Problemas que xa non só son estéticos, senón «de saúde, porque calquera pode resbalar e ter un percance». Se trata en definitiva de que se cumpran unhas normas básicas de convivencia, porque «é a única maneira de ter un pobo en condicións, cando todos estamos implicados».

A Rúa reclama responsabilidade cidadá na xestión do lixo e excrementos animais