viernes. 27.06.2025
A Rúa

A Rúa encheuse de bonecos moi inocentes

[row][double_paragraph][the_ad_placement id="nadal2018-izquierda"] [/double_paragraph][double_paragraph]A Asociación Sociocultural San Cristóbal da Rúa non quixo deixar pasar o Día dos Santos Inocentes para saír de novo as rúas da vila.

 

 

Desta sacaron un zancudo, unha muller de neve e moita fantasía e ilusión para animar unha vez máis o pobo. O tren, adornado con renos no teito e un gran Papá Noel as costas, saíu da praza do Concello para dirixirse pola rúa Miguel de Cervantes á rúa Doutor Vila. Baixou a comitiva até a estación do tren e logo colleron a rúa Circunvalación para a través da Campogrande chegar a Rúa Vella. Volta de novo cara o centroda vila para percorrer toda a rúa progreso, baixar pola Noria e volver de novo ó concello.

 

 

Ó igual que no desfile de Nadal saíron tamén as marionetas xigantes feitas polos membros da asociación que de novo engaiolaron os que neses intres andaban polas rúas.

 

 

Os nenos e nenas que viaxaban no tren do Nadal ían repartindo bonecos brancos feitos en papel  para significar o Día dos Inocentes.[/double_paragraph] [/row]

 

A Rúa encheuse de bonecos moi inocentes