A cea que precede ao CarnaVrao superou todas as expectativas de participación previstas pola organuzación
A II Cea Popular organizada pola Asociación Sociocultural San Cristóbal reuniu nunha longa mesa a máis de 700 persoas. A rúa doutor Vila converteuse nun gran restaurante. Desde a rúa progreso até a praza da Estación os comensais puideron degustar o menú elixido para a ocasión no que non faltou a paella e os espirituosos acompañando o café.
Se o pasado ano xa fora todo un logro reunir a 500 persoas, este ano a organización volveuse a superar acadando os 750 comensais. Ao remate festa rachada con charangas e Os Brothers —agasallo á organización do Bravo Lux e Bar Norte—.
O prato forte destas conmemoracións na honra do santo do que a asociación toma o nome, San Cristovo, vai ser hoxe coa celebración do CarnaVrao. A partir das sete e media da tarde de hoxe sábado, as comparsas e disfrazados saíran da cooperativa Virxe das Viñas para percorrer as rúas Campogrande e Progreso e logo baixar pola de Dr. Vila e rematar na praza da Estación.
Haberá premios
para as comparsas a primeira recibirá —200 euros e a segunda 100—. Tamén se
premiará os folións e até ao mellor disfraz individual.
Xa para o
mércores día de San Cristovo desfile de coches clásicos, previa misa en Fontei
na igrexa Nosa Señora de Fátima, será ás oito da tarde.
Y é que a asociación está empeñada en conseguir o seu fin que non é outro que o de darlle un pulo á Rúa e potenciar a actividade económica, para que sobre todo a xente xoven non teña que marchar da vila.