[row][double_paragraph][the_
O Concello da Rúa acendeu o mércores, 5 de decembro o alumeado navideño. Unha árbore de luces na praza do Concello substitiu ó tradicional abeto que se colocaba no balcón da casa consistorial en anos anteriores.
Ademais da iluminación adicional colocada nas rúas principais como Progreso, Campogrande, Dr. Vila, Circunvalación ou Miguel de Cervantes, tamén A Rúa Vella ou Vilela contarán con arcos de luz.
A esta iniciativa de por máis alumeado e crear ambiente de Nadal nas rúas da vila, uniuse a Asociación Sociocultural San Cristóbal colocando abetos nos comercios da vila. Estas árbores decorativas feitas en madeira, polos voluntarios da asociación, colocáronse, o pasado 4 de decembro, en 90 establecementos hostaleiros e comerciais da Rúa.
[/double_paragraph] [/row]