Unha campaña
organizada por AEVA e o Concello da Rúa para incentivar as vendas na vila, na
que participaron nove establecementos comerciais
A Asociación de Empresarios de Valdeorras (AEVA), en colaboración co Concello da Rúa, organizou este venres a campaña «A Noite dos Descontos». Unha iniciativa para promocionar as vendas na vila na que participaron nove establecementos comerciais.
As portas dos comercios permaneceron abertas desde as 20:00 ás 24:00. Ademais de descontos, ofrecéronse petiscos a todos os clientes. Pese que o tempo respectou a noite e co ceo quedou escampado o frío e, a chuvia caída tan só unhas horas antes non propiciou a saída masiva da xente as rúas. O pasado ano a actividade tivo que ser aprazada uns días máis tarde por mor do tempo.
Baixo o lema «Pasa
unha noite de lecer na Rúa», desde a Asociación de Empresarios de Valdeorras quíxose
combinar unha noite de compras e lecer, animando aos veciños a saír ás rúas
atraídos polas promocións nos establecementos participantes, e «para o goce das
actividades de animación».
A Banda de Gaitas Abertal e a charanga Sorcha percorreron as rúas facendo parada diante dos comercios participantes onde empresarios, clientes e veciños botaron algún que outro baile.
Os establecementos comerciais participantes ofreceron mercadoría de tempada a prezos rebaixados, decoraron as tendas de xeito diferente —a Asociación San Cristobal puxo unhas estructuras que cada comerciante arranxou a súa maneira—, para que fosen fácilmente identificables. Ofreceron degustacións de todo tipo: empanada, pizza, patacas, chourizo, xamón, cañas fritidas, bica, etc.
Nesta Noite dos Descontos
estiveron presentes diferentes sectores do comercio local: téxtil, droguería e
beleza, complementos, deportes ou telefonía, entre outros.
Os
establecementos que participaron na campaña foron: Deportes Aris, Perfumería
Compostela, Deportes Tri-Sport, Mercería Raquel, Confecciones Rosendo, Okre,
Fíos e Arnaveca Comunicación.
É a quinta edición que se celebra na vila para promocionar as vendas e, pese a reducirse o número de tendas participantes, respecto a anteriores edicións, os comerciantes e clientes agradeceron a iniciativa.