jueves. 28.03.2024
Actualidad

A Volta Ecolóxica non da síntomas de desgaste nas festas da Rúa Vella

As festas do San Roque da Rúa Vella acolleron un ano máis a «Volta Ecolóxica» e con esta xa van trinta e oito edicións.

Esta singular marcha en bicicleta na que todos os que participan van disfrazados comezou as 19:00 no corazón da Rúa, na praza Cesar Conti, par seguir pola de Fondo da Rúa. Continuaron pola Arnaveca e baixaron pola rúa Brasil para coller a rúa Campogrande que levaría os ciclo turistas disfrazados ata o campo de San Roque onde se repartiron os premios.

Máis de 100 participantes nesta trixésimo oitava edición na que se puideron ver a uns simpáticos romanos, bombeiros, deportistas moi favorecidas, hawaianas, cociñeiros, personaxes de Mario Bros, heroes, diablos… Nun ano no que o bo tempo acompañou de novo e a imaxinación e as corres encheron as rúas sobre dúas rodas.

Pero no foi só a “Volta Ecoloxíca” do que poideron disfrutar os que se achegaron á Rúa Vella xa que na tarde do sábado, 18 de agosto tamén houbo tempo para a música co Grupo Aramio.

Xa para este domingo haberá sesión vermú a cargo da Agrupación Musical da Limia, e xa de tarde un dos pratos estrela das festas co baile de tarde e sesión vermut a cargo de a Orquestra Jerusalén. Ademáis ás 12 da mañá levaráse a cabo a procesión de San Roque.

A Volta Ecolóxica non da síntomas de desgaste nas festas da Rúa Vella