domingo. 24.09.2023
Actualidad

Tor e o barquense Ángel Ruíz puxeron o toque musical do sábado do Cristo

Os músicos actuaron acompañados polo barquense Ángel Ruíz que interpretou varios temas co seu banjo

Os barquenses disfrutaron este sábado dun concerto moi especial dentro do programa cultural do Cristo 2020 a cargo do grupo Tor, de música folk céltica.

O repertorio compúxose de popurrís e sets de temas instrumentais tomados da tradición galega, con especial atención aos gaiteiros e músicos do interior, fruto de elo interpretaron cancións con orixe na Serra do Caurel e tamén ofreceron temas coñecidos como a "Carolina".

Tamén houbo representación local a cargo do músico Ángel Ruíz, o barquense reencontrouse co seu público para interpretar varias cancións co seu banjo. Lucía Cedrón e David Leadbeater foron os encargados de por o baile tradicional sobre o escenario neste concerto.

Lucía Cedrón e David Leadbeater bailando sobre o escenario colocado no Campo da Festa

A xornada do domingo comeza coa construción do mosaico na desembocadura do Río Cigüeño, ás 11:30 haberá un pasarúas a cargo da Charanga Bicola. Media hora máis tarde na Praza do Sagrado o grupo teatral Culturactiva presentará “ Saabor”, mentres que a mañá terminaráse co concerto de Sito Trío no Malecón, concretamente na zona do Casino a partir das 13 horas.

De tarde Leilía ofrecerá un concerto de música galega na Praza do Príncipe, será a partir das 20:30 horas.

Tor e o barquense Ángel Ruíz puxeron o toque musical do sábado do Cristo