viernes. 29.03.2024
Actualidad

A Rúa volveu a época romana ca Bacofesta

No acto de inauguración da Bacofesta estiveron presentes autoridades da vila e de Almendralejo

O concello da Rúa exalta dende onte os caldos da D.O Valdeorras na honra do deus do viño "Baco", todo elo maridado con cava de Almendralejo, vila hermanada ca Rúa e presente tamén nesta BacoFesta.

Ás 20 horas realizouse o acto de hermanamento con Petín na Ponte da Cigarrosa, acto tradicional da Bacofesta onde o alcalde de A Rúa Álvaro Fernández e a alcaldesa de Petín Raquel María Bautista estreáronse coma rexidores neste evento.

Os rexidores de A Rúa e Petín na Ponte da Cigarrosa

Case unha hora despois chegou o turno da apertura do recinto, no acto de inauguración estiveron os alcaldes de A Rúa, Petín e Almendralejo e o concelleiro de Cultura e Deportes Jose Vicente Solarat, ademáis dos fillos adoptivos da vila Juan Francisco Sánchez Argüello e Manolo Durán.



Jose Vicente Solarat abriu o acto comentando que estaban rodeados de verdadeiros amigos, entre eles a alcaldesa de Petín: "Os nosos veciños sempre se animan e participan nos nosos actos", o alcalde de Almendralejo Jose María Ramirez: "Estivo na súa anterior etapa coma alcalde e hoxe vólvenos a acompañar" e o rexidor da Rúa Álvaro Fernández.



O pregón desta volta foi dado polo fillo adoptivo da vila Juan Francisco Sánchez Argüello, quen lle deu un toque poético a súa intervención falando da excelencia dos caldos da D.O Valdeorras, e facendo tamén mención ao deus Baco e a Lucio Pompeyo Reburro: "Que comience la verbena de sabores, catas, tragos, paladares en escena de regustos generosos, olorosos, fructuosos, sentimientos, copas llenas" se pudo escuchar en el pregón de Sánchez Argüello.



Álvaro Fernández falou sobre a temática desta festa onde a xente vai vestida de romanos, xa que sen a temática na que se involucra o público esta non sería a mesma. Fernández tamén recordou a súa viaxe a Almendralejo cando era cativo: "Estiven en Almendralejo cando foi o hermanamento, hai que recordar que foi fruto de Jose Vicente Solarat, alégrame que siga vivo, porque recordo que o recibimento aquel día foi especial, quero aproveitar a sinerxia daquel hermanamento para poder facer moitas cousas xuntos".

Jose María Ramirez alcalde de Almendralejo, deseou unha boa Bacofesta a todos os asistentes, recordando que tamén se sirve cava da vila extremeña que está incluída na D.O Cava: "Después de un lapsus he vuelto como alcalde pero nunca he dejado de venir a A Rúa aunque no lo haya sido. Empezamos con el deporte pero tenemos mucho en común".

Manolo Durán director de a Agrupación Abertal agradeceu a invitación do concello para estar presente no acto, agradecendo a todos os asistentes a asistencia ao evento, recordando tamén que xa están dispoñibles os CD'S da agrupación, a cal cumpre 30 anos neste 2019.



Por último no acto de inauguración fíxose un intercambio de agasallos entre as dúas delegacións, por parte do Concello da Rúa fíxose entrega da lápida romana dedicada a Lucio Pomeyo Reburro que e o obsequio que entrega o consistorio ás visitas oficiais ao alcalde de Almendralejo Jose María Ramírez, aos fillos adoptivos da vila Juan Francisco Sánchez Argüello e Manolo Durán e a Jose Vicente Solarat.

Álvaro Fernández alcalde de A Rúa co fillo adoptivo Juan Francisco Sánchez Argüello

Para o segundo día o programa contén as seguintes actividades :

12:30 a 14:30-Apertura do recinto ferial no Aguillón.

19:30-Apertura do recinto ferial no Aguillón.

23:30-Concerto da banda tributo a Miguel Ríos “Rock & Ríos”.

A Rúa volveu a época romana ca Bacofesta