jueves. 30.03.2023
Actualidad

Os colexios do Barco celebraron o Día da Árbore no Salgueiral

150 árbores de ribeira foron prantados polos rapaces dos cinco colexios e institutos da vila

Co gallo da celebración do Día Internacional da Árbore, o Concello do Barco en colaboración con colexios e asociacións —C.E.I.P. Plurilingüe Condesa de Fenosa, C.E.I.P. Otero Pedrayo de Viloira, Colexio Plurilingue Divina Pastora, C.E.I.P. Plurilingüe Julio Gurriarán Canalejas, I.E.S. Martaguisela, I.E.S. Lauro Olmo e ASFAVAL—, levou a cabo a plantación de 150 árbores de ribeira, de diferentes especies, na área recreativa do Salgueiral acondicionada polo concello para este fin.

Os máis pequenos disfrutaron da merenda en plena naturaleza

A actividade desenrolouse a partir das 11:00 horas, do xoves 21 de marzo. Os rapaces participaron en todo o proceso de plantación, desde a retirada da terra dos buracos feitos previamente por persoal do concello, pasando pola plantación e o posterior achegado de terra para tapar as raíces. Tamén tiveron que retirar as pedras que non «deixan medrar as raíces», dicíanos unha rapaza.

Etiquetas que identifican que colexio plantou ás árbores

Segundo se informou desde o Concello, as especies seleccionadas –freixos, amieiros, abeleiras e bidueiros- son adecuadas para as ribeiras dos ríos, e a plantación foi comunicada á Confederación Hidrográfica, que deu autorización para a súa realización.

Os pequenos empregáronse a fondo coa pala e o ratrelo

A Xunta aportou ás árbores que cada centro educativo o seleccionou para que as especies foran plantadas por grupos de alumnos. A actividade estivo asistida polos profesores e persoal de Medio Rural que axudaron e asesoraron nas tarefas de plantación.

Os membros de Asfaval tamén participaron na plantación das especies

Cada árbore quedou protexido por un tubo de plástico e colocóuselle unha etiqueta que leva o nome do centro escolar que fixo a plantación. O Concello ten previsto que, cando as árbores teñan medrado, colocar tamén carteis identificadores de cada unha das especies.

Fouces, Urdangaray e Domínguez repartindo as bolsas de agasallos

Na zona recreativa estiveron a concelleira de Xardíns, Cristina Domínguez a de Medio Ambiente, Diana Urdangaray e o xefe do distrito forestal número 13, Ángel Fouces, que  se encargaron de repartir as bolsas con que Medio Rural agasallou aos participantes na xornada.  Bolígrafos, lápises, camisetas, panos e unha tarxeta que os identificaba como «Vixiante de montes», era o contido das bolsas de tea celebradas polos nenos.

Aixada en man para proceder coa plantación

Cristina Domínguez destacou a boa actitude dos nenos de cara a plantación pero é precisou que non só se quede niso: «agora hai que incentivar aos papás que, estes nenos sigan coidando o entorno do río, non tiren  lixo, manter o mobiliario urbano en condición, que pasen de vez en cando a mirar como van esas árbores que plantaron, que os coiden. Que nos preocupemos un pouquiño polo noso entorno, que é moi bonito e algunhas veces non o tratamos como deberíamos».

Os nenos do colexio Divina Pastora botáronlle ganas

Diana Urdangaray puntualizou, «pensouse na identificación de cada árbore co nome do colexio, para que cando pasen polo Salgueiral ó ver o nome se incentiva o seu coidado»

Esta nena do Julio Gurriarán amosa a súa tarxeta de vixiante dos montes

Unha xornada en contacto coa natureza que ogallá sirva para que as novas xeracións se impliquen no coidado e a defensa do entorno e sobre todo das árbores.

Alumnos de 5º do Otero Pedrayo

Amosamos un video da canción que cantaron os alumnos de 5º curso do colexio de Viloira:

Falamos cun grupo que así contaron o que sentían e que significado tiñan o que estaban a facer:

Comentarios
Os colexios do Barco celebraron o Día da Árbore no Salgueiral