viernes. 19.04.2024
Actualidad

O Barco e Petín xa teñen alumeado de Nadal

[row][double_paragraph][the_ad_placement id="nadal2018-izquierda"] [/double_paragraph][double_paragraph]

O Barco e Petín son as localidades valdeorresas que madrugaron máis á hora do acendido das luces de Nadal. No Barco non estaba contemplado acendelas tan cedo pero o efecto Abel Caballero tivo algo que ver como decía Margarida Pizcueta, concelleira de Cultura do Concello do Barco a este medio. «aínda que non tiñamos previsto acender as luces no día de onte, o efecto Abel Caballero está sendo vestial», asegurou. Y é que, na vila barquense, estaba previsto como día do acendido o venres 6 de novembro, coincidindo coa inauguración do Mercado de Nadal, que se celebrará esa fin de semana no concello.

As luces segundo informou a concelleira,  «son diferentes, pero bastante resultonas, vin o efecto e quedan  moi bonitas e coloridas», afirmou Pizcueta. O presuposto é de 9.000 euros, similar ao das Festas do Cristo, pero neste caso hai menos arcos de luz, xa que os prezos dispáranse, segundo confirmou Pizcueta quen asegurou que lles gustaría por algún máis pero desta farase como en anos anteriores.

Tamén se contará cas luces que poñan os comerciantes nas principais rúas da vila e con  unha árbore na praza de José Otero. A iluminación aínda non está ao completo, falta a praza do Concello que quedará lista nos próximos días.

 

 

Petín encheu de luz a praza do pobo cunha árbore de máis de catro metros

Tamén Petín acendía onte a iluminación de Nadal ante a expectación dos veciños. Unha árbore de luz xigante que sobrepasa os teitos das casas, colocada no centro da praza  irradia tal claridade que parece que fose de día.

Esta iniciativa xurdiu o pasado ano cando o alcalde, Miguel Bautista, quixo facer algo distinto no seu pobo para dar a coñecer o pobo doutro xeito. Parece que o está a conseguir xa que cando falábamos con el para facer esta información apuntaba que « desde onte que puxen a foto nas redes nunha dela teño máis de 200 “me gusta”, de todas as partes do mundo, Francia, Arxentina, Venezuela, Suíza ou México»

Ademais desta árbore, iluminouse o concello e puxéronse 4 arcos e un «Bo Nadal» luminoso a entrada, na Ponte para dar a benvida ao pobo.

 

A Rúa non acenderá as súas luces até o 5 de decembro

O alcalde rués, Luis Fernández Gudiña, confirmaba que  A Rúa acenderá o alumeado o próximo 5 de decembro. Coma novidade porase na praza do concello unha arbore con luces. Ademais dos arcos polas rúas principais, Progreso, Dr. Vila, Cervantes, Circunvalación ou Silveira tamén haberá luminarias especiais en Fontei. A Rúa Vella ou Vilela.

[/double_paragraph] [/row]

O Barco e Petín xa teñen alumeado de Nadal