viernes. 19.04.2024
Actualidad

Noa Presas escoitou as inquietudes dos traballadores de Autoneum

A diputada ourensá mantivo unha reunión na mañá do venres co comité de empresa de Autoneum da Rúa

Os traballadores da empresa Autoneum da Rúa transmitíronlle as súas preocupacións a deputada do Bloque Nacionalista Galego Noa Presas, sobretodo polo futuro do sector do automóbil, que en Galicia significa o 14% do PIB.

Presas mantivo primeiro unha reunión na Aula Polivalente da Casa do Concello rués para coñecer a situación a través dos propios empregados, que estiveron representados polo comité de empresa. Entre outras cousas mostráronlle a súa preocupación polo futuro, a temporalidade e ás restriccións de novas contratacións.

Posteriormente a deputada destacou que a crise do Coronavirus engade máis problemas aos que xa estaban anteriormente. «O sector da automoción é moi importante en Galicia e Ourense ten un papel destacado na industria auxiliar. No BNG entendemos que está chamado a reforzarse, reinventarse e a ser unha das extratesias de reindustrialización da provincia».

Presas ve primordial centrar propostas en positivo no ámbito do automóbil, sendo necesaria na reindustrialización de Ourense apostar por destinar fondos públicos para a fixación de emprego, localización de empresas en Ourense e que tiñan lineas de apoio relacionadas co o I+D+I, ademáis do valor engadido.

Dende o 12 de xullo buscarán traballar nun Plan de ordenación real do chan industrial, aludindo a empresas que nestes momentos pese a estar radicadas na comunidade buscan o solo industrial en Portugal debido a un precio menor co de Galicia. Así mesmo ven vital o que poda pasar co corredor de mercadorías de ámbito europeo no que esperan que a provincia de Ourense teña presenza, e tamén falarán de mellorar o transporte da comarca, para que as pezas feitas en Valdeorras podan ser levadas a outros puntos con facilidade.

Outra das inquedanzas para a deputada e a de mellorar as condicións laborais do sector. «Que non pase o mesmo que en 2008, onde foi a clase traballadora a que pagou o prezo dos recortes».

Noa Presas escoitou as inquietudes dos traballadores de Autoneum