jueves. 28.03.2024
Actualidad

Javier Vecino deleitó os barquenses cas historias da unión entre comarcas

O artista berciano falou a través das súas historias a unión entre as comarcas de Valdeorras e do Bierzo

A novena edición do ciclo De Perto do Barco recibiu ao berciano Javier Vecino. Este narrador presentou un percorrido polo mundo da palabra escrita, da oralidade e da literatura berciana na historia, do culto ao popular, da poesía ao conto. Todo polo bicentenario da Provincia do Vierzo (1822-1823).

O ponferradino destacou os seus nervios antes de comezar a función, nun recinto que precisou máis cadeiras das postas inicialmente debido a gran afluencia de xente, que decidiu aproveitar a tarde de venres para desfrutar da cultura nun entorno natural como son os Xardíns da Casa Grande de Viloira.

Tanto o título como o contido, non tiveron sentido reivindicativo; máis ben simbólico entre as comarcas de Valdeorras e do Bierzo que tanta unión demostran a diario. Todo a través dun itinerario pola descrición dunha terra a través de palabras, costumes ou mitos escritas e descritas por poetas, escritores, ou herdadas da tradición oral; unha mestura de ingredientes que conforman un todo.

Coñecido particularmente pola súa ampla e prestixiosa traxectoria como músico e actor, vencellado ao veterano grupo Conde Gatón, o ponferradino Javier Veciño representa como ninguén un espírito inquieto entregado á cultura, con solventes incursións na escrita, a fotografía, a dobraxe e axestión cultura.

Javier Vecino deleitó os barquenses cas historias da unión entre comarcas