lunes. 16.06.2025
Actualidad

Diver Petín, un campamento de verán con moita diversión

Xogos, entretemento, actividades, deporte e diversión ata o 31 de agosto.

Un grupo de vinte nenos comezaron o pasado 1 de xullo unha aventura na que a aprendizaxe a través de xogos teraos entretidos até o 31 de agosto. No campamento Diver Petín, os rapaces de 3 a 12 anos aprenden mediante xogos e actividades educativas que se desenrolan por temáticas. O venres 2 de xuño o protagonista era a cor. Mentres os mais pequenos pintaban tubos de papel hixiénico coas mans, outro grupo de nenos maiores facía o propio con vasos de plástico ou en botellas. Iso ocorría dentro, porque a partir de media mañá e despois do almorzo que reciben a diario no campamento, a actividade trasládase á pista polideportiva que está á carón da Casa da Cultura. Onte tocou guerra de cores, a caza da bandeira e até polvos holi para darlle un toque especial de cor e alegría a o día adicado as cores.



«Saídas á piscina ou pola contorna, deporte e actividades relacionadas coa cociña ou a música formarán parte de Diver Petín», sinalaba Elisa, unha das monitoras deste campamento. Diver Petín está organizado por Pinchacarneira Ocio e Animación e promovido polo Concello de Petín. O horario é de dez da mañá ás dúas da tarde e o lugar a Casa da Cultura de Petín.

Se queredes escoitar o que nos contaron os rapaces que estaban o venres nas actividades pinchade na seguintes ligazóns:


Diver Petín, un campamento de verán con moita diversión