jueves. 28.03.2024
Actualidad

Concerto de Sr. Jingles e Clon Bois na verbena do San Roque

A festa do San Roque na Rúa Vella estivo marcada polos concertos de Sr. Jingles y Clon Bois.

 

 

Música de aquí para unha noite na que os espectadores, ademais de cantar as cancións con Ramiro ou Suso, fixeron uso das mesas do bar da comisión. Y é que, foi moita a xente que decidiu escoitar o son dos grupos sentados e tomando algo. Incluso se chegou a acender unha gran bengala.

 

 

Despois de Sr. Jingles y Clon Bois, Danzalia Disco Show foi a encargada de pinchar música ata altas horas da madrugada.

 

 

Hoxe, no día en que se celebra a mítica Volta Ecolóxica, o grupo de gaitas Airiños de Portela foi o encargado do pasarrúas. Xa pola tarde, as 16:00h un campionato de tute na praza de César Conti para os que lle gusta os xogos sen riscos.

 

 

A partir das 19:00 horas, XXXVIII edición da Volta Ecolóxica, na que o importante é ir disfrazado dando pedaladas á bicicleta. A saída será, coma sempre, desde a praza César Conti, para baixar polo Fonda da Rúa ata á Arnaveca, retornando o campo de San Roque pola rúa Campogrande.

 

 

A música pola tarde e tamén na verbena será do grupo Aramio.

Concerto de Sr. Jingles e Clon Bois na verbena do San Roque