lunes. 05.06.2023
Actualidad

Bullotes e viño na praza de Viloira para celebrar o magosto do Barco

O Barco celebrou o tradicional magosto o día de San Martiño patrón de Viloira

Ceos cubertos na xornada  na que o Concello do Barco decidiu celebrar o magosto popular. Pero as borrascas que se paseaban polos ceos de toda Galicia, respectaron a celebración.  

A praza  Otero Pedrayo de Viloira acolleu ós asistentes ó magosto, como xa é tradición, chegada data de conmemoración do patrón.

Ás seis da tarde apenas dúas ducias de persoas atopábanse na praza

 Máis de 700 quilos de castañas e 60 litros de viño repartíronse entre os que decidiron na tardiña do luns 11 de novembro acudir á cita. Pese a ser día laborable foron moitas as persoas que se achegaron a Viloira, sobre todo a partir das oito da tarde cando pecharon os comercios.

As seis da tarde

, hora de comezo do magosto, a penas unhas vinte persoas contemplaban como as

castañas se ían asando nunha especie de barcal de ferro con buracos a través

dos cales os bullotes se asaron en contacto cas brasas que había debaixo.



Unha hora máis

tarde, a xente foise animando e os primeiros bullotes caeron sobre as mesas que

rodeaban o lugar onde se asaban. Primeiro a paladas e logo xa directamente volcando

os cestos  onde se almacenaron.

Non faltou o son das gaita e tamboriles animando a noite en Viloira. O grupo de gaitas Mencía de Toral de los Vados foi o encargado de facer bailar e pórlle son á velada.

Grupo de Gaitas Mencía

Xa de volta cara o Barco foron moitas as persoas cas que me crucei que ían cara a praza para participar nesta festa ancestral.

A pasarela foi un fervedeiro de xente a partir das oito da tarde que pecharon os comercios

Comentarios
Bullotes e viño na praza de Viloira para celebrar o magosto do Barco