A charanga ourensá foi a encargada de amenizar o día de Santa Rita no Barco, noutro ano atípico debido a pandemia
Este 2021 está a deixar outra estampa ben diferente a de anos anteriores no día de Santa Rita. Os espectáculos musicais de gran calibre quedan aparcados para outras datas debido a pandemia da Covid-19 así como os espectáculos dirixidos para grandes cantidades de público. Por iso este 22 de maio únicamente unha charanga puso a nota musical a esta xornada.
A elexida foi a agrupación musical Bicoia. Este grupo xa non é a primeira vez que visita O Barco, xa que nas pasadas Festas do Cristo foron os encargados de realizar un pasarrúas polos diferentes lugares da vila.
O Paseo do Malecón, formou parte do itinerario xunto as principais rúas do Barco pasando entre outros lugares por diante do Hospital Público de Valdeorras ca fin de non olvidar unha xornada festiva pero na que débese manter a prudencia para evitar máis contaxios. Todo elo nun municipio que este sábado contabiliza 18 infeccións activas.
Entre as pezas tocadas estivo "A Santiago voy" composición realizada polo noiés Prudencio Romo, integrante do grupo da mesma vila "Os Tamara".