O «Touro» e o «Xigante», son figuras propias do Entroido de Celavente,parroquia do concello do Bolo.
O Xigante, viste un traxe branco e unha pañoleta bermella con flocos sobre os hombros. Na cabeza un gorro con pompóns de múltiples cores que simulan flores, do que tamén colgan cintas de vistosas cores. Leva a cara descuberta.
O Toro é unha estrutura sobre a que se asenta unha colcha e por riba desta un pano de ganchillo adornado con lazos de cores. Na dianteira dous cornos cos que o touro fai as envestidas.