
Hoxe, 17 de maio, celébrase o Día das Letras Galegas. Un día de celebración sentida para moitos e de "postureo" para outros. Con isto non quero dicir que falar máis ou menos galego sexa motivo de sentirte orgulloso da terra.
A gran diferencia é cando sempre falas en castelán e de repente acórdaste de que tes un idioma propio. Porque sucede isto? Ou mellor dito, estamos facendo algo mal?
«Noutros sitios pódese ver unha gran loita polo seu idioma e aquí parece, en certas ocasións, que o botamos por terra». Esta é unha afirmación que levo escoitado moitas veces na miña vida e, sinceramente, as veces creo que é verdade.
Entón, hoxe quero reflexionar sobre isto. Sobre esas burlas que as veces poden ver os galegofalantes tachados de "pueblerinos" ou "paletos" por algunhas persoas. Como sempre, isto non é para xeneralizar, pero si para intentar saber as cousas que estamos a facer mal.
O non da xente
Como cada artigo de opinión funme as rúas do Barco a saber en que idioma sole falar a xente e tamén a súa valoración de se cada vez se fala menos galego nas novas xeracións. A resposta que máis escoitei foi: «De eso no quiero hablar».
Isto fíxome reflexionar, inda máis se cabe, sobre porque a xente non quere falar dun día tan significativo para todos os galegos. Parece que existe certo temor a dicir en que idioma se fala.