Os alumnos tiveron a oportunidade de presentar os traballos feitos durante o ano nunha feira enmarcada dentro do Programa Piteas que organiza a Consellería de Educación
O CEIP Plurilingüe Condesa de Fenosa celebrou, na xornada do venres 31 de maio, una Feira de Proxectos, onde o alumnado de tódolos cursos expuxo os distintos proxectos nos que estiveron a traballar durante todo o curso.
Moitos deses proxectos están enmarcados dentro do Programa Piteas que organiza a Consellería de Educación, a Universidade de Santiago xunto coa Fundación Barrié. Dende o centro defenden que o traballo por Proxectos facilita o descubrimento dos talentos do alumnado e acceder ao coñecemento dun xeito máis práctico. Toda a comunidade escolar puido visitar os distintos postos da Feira explicados polo propio alumnado.
O vindeiro 14 de xuño anuncian unha representación dos Proxectos do centro que exporá o traballo dos alumnos na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela.