Evento
Feira de Produtos Tradicionais do Eixo Alántico

O Eixo Atlántico e o Concello do Barco organizan a Feira de Produtos Tradicionais do Eixo Atlántico, os días 6 e 7 de setembro na Praia Fluvial do Malecón.
A feira conta con produtores locais de Galicia e Norte de Portugal, que venderán produtos gastronómicos de calidade, con garantía de orixe e elaborados no rural. Completan a feira artesáns de Galicia en madeira, artes gráficas e barro.
Programa:
Sábado 6 de setembro:
11.00 h- Inauguración da Feira coa actuación do grupo Abertal
13.00 h - Sesión vermú con Los Rokkens
19.00 h - 21.00 h - Dj´s no Sil con Dj Repunante
21.30 h - Concerto de "La Disketera"
Obradoiros:
11.00 h - "A Voltas co Barro", impartido por artesáns da Ceniza de Pepel
17.00 h - "Perfume Natural", impartido por artesáns de Piel Natura
Domingo 8 de setembro:
13.00 h - Sesión vermú con "Carta de Ajuste"
19.00 h - Dj´s no Sil con Dj Carallán
Obradoiros:
11.00 h - "Corpos Múltiples", impartido por artesáns Deica Creacións
17.00 h - "Fai o teu Queixo", impartido por artesáns de Monteceo