Evento
Exhibición de ximnasia rítmica e máster class de zumba
6/6/25
19:00
Pavillón Vello

2 de junio de 2025, 18:28
Este venres, 6 de xuño, celébrase no Pavillón Vello, a partir das 19,00 horas, unha exhibición de ximnasia rítmica, coa participación das nenas matriculadas este curso na Escolas Deportiva Municipal de Ximnasia Rítmica.
A partir das 20,00 horas, terá lugar a exhibición de zumba dos nenos e nenas da Escola Deportiva Municipal, neste caso na Praza do Concello. A continuación, todas as persoas que o desexen, de todas as idades, poderán participar, sen inscrición previa, na máster class de Zumba que se celebrará tamén na Praza do Concello. Esta master class está aberta a persoas de todas as idades, totalmente de balde.