Evento
XXVII Festa das Covas de Vilamartín de Valdeorras
O primeiro sábado de agosto Vilamartín de Valdeorras volve abrir as súas covas para celebrar a XXVII Festa das Covas, un evento gastronómico e etnográfico que terá lugar o 1 de agosto de 2026.
Un percorrido por preto de 50 covas escavadas no barro vermello nas que os asistentes poderán degustar diferentes petiscos, sobremesas e bebidas propias de cada cova.
Sábado 1 de agosto, a apertura das covas será ás 20.30 horas e permanecerán abertas ata as 00.00 horas. A partir das 00.00 horas continuará a festa no recinto anexo coa MacroDisco RADIKAL.
Coa entrada inclúese un pano, unha cunca de barro e unha pulseira de control de acceso. A organización contará con seguridade privada, aseos públicos e asistencia de Cruz Vermella.
Recoméndase acudir con tempo, xa que os accesos abrirán unha hora antes do inicio do evento, así como levar roupa e calzado cómodo. Tamén se pide seguir sempre as indicacións dos coveiros para gozar da festa con sentidiño.
As entradas anticipadas teñen un prezo de 19 euros e poden mercarse en Vivetix.es. O propio día haberá entradas físicas na billeteira a un prezo de 20 euros.
