miércoles. 18.06.2025

Evento

Andaina Popular de San Xoán. Viloira

23/6/25
Viloira - O Barco
cartel_andainasanxoan

A Andaina popular de San Xoán regresa este 23 de xuño a praza Otero Pedraio de Viloira. Combina unha carreira cunha gran pancetada e sorteo de produtos típicos.

A celebración comenza ás 20.30 horas coa carreira infantil, pensada para nenos e nenas de ata 6 anos. Ás 21.00 horas será a quenda da andaina popular, cun percorrido sinalizado de 6 quilómetros.

A inscrición é gratuita e pode facerse ata o 20 dexuño no Edificio Multiusos, por teléfono (988 320 202) ou por correo electrónico: deportes@concellodobarco.org