lunes. 09.06.2025

Comeza a Semana Santa sin a bendición de ramos nas igrexas

O coronavirus non permite a reunión e obrigou o peche das igrexas ós fieis

Ca bendición dos ramos nun domingo como o de hoxe arrancaban os actos relixiosos e coma non, a Semana Santa. Este ano a COVID-19  manterá as igrexas pechadas. Os que queiran bendicir o seu ramo terá que ser cas verbas saídas dalgunha televisión ou se cadra dalgunha radio. O que non haberá será auga bendita que os salpique.

Tampouco lucirán

nos balcóns, corredores ou fiestras as palmas ou os ramos benditos que espantan

o meigallo do fogar e traen protección e boa sorte .

O pasado ano o equipo de Somos Comarca saía por algún dos lugares onde esta tradición se desenrola con máis devoción.

Santo Estevo celebrabaa co parroco xubilado                           

Susana Prieto,  achegábase o pasado ano até a igrexa de Santo Estevo na Rúa Vella, a súa crónica comezaba así: «El Domingo de Ramos marcó el inicio de la Semana Santa. La iglesia de San Esteban de A Rúa Vella concentró a un buen número de fieles para la celebración religiosa. En este caso, la mayor parte de los ramos que se alzaron para su bendición, fueron de laurel y acebo, a diferencia de otras localidades donde sobresale la palma».

Imaxe do Domingo de Ramos na Rúa Vella o pasado ano

Nesta parroquia había o pasado ano unha certa incertidume xa que o párroco de toda a vida, Severino Pérez Blanco xubilábase e esta e outras parroquias eran asumidas polos curas de Pablo VI quen a súa vez xa tiñan as de Vitoriano párroco de Larouco. « Finalmente, no hubo cambios y  todo salió a la perfección. La bendición y misa, cantada por el coro de la localidad,  volvió a vivirse con la intensidad que marca esta jornada», subliñaba Susana Prieto na súa crónica.

A igrexa de San

Mauro punto de encontro na Semana Santa do Barco

A igrexa de San Mauro no centrro histórico do Barco e o punto de encontro da Semana Santa na vila. Así o facía constar Alejandro Lorenzo, quen o pasado ano achégabase á igrexa do Nazareno para mostrar ós lectores as imaxes e a crónica da primeira cita da Semana Santa barquense.

Domingo de Ramos con Xesús a lomos da borriquiña no Barco

«Centenares de fieles acudieron a la bendición previa de los ramos y palmas para posteriormente acompañar al Cristo en procesión hasta la Iglesia de Santa Rita por las calles Eloy Mira, Eloy Rodríguez Barrio y Balorca»

As Ermitas un lugar para o recollemento

O Santuario das Ermitas e outro punto da comarca onde o Domingo de Ramos celébrase de xeito especial cunha procesión ao redor do cruceiro e baixo a atenta mirada das torres dunha das mostras do barroco máis importantes de Galicia.

Domingo de Ramos nas Ermitas

En todas as igrexas da comarca estas horas teriamos que estar alzando os ramos para a súa bendición pero, este ano non poderá ser, o coronavirus tamén poido con esta tradición e da unha tregua ós sacerdotes das parroquias de Valdeorras. A xubilación de parte deles e a non incorporación de novos curas fai que datas tan sinaladas sexa de gran carga de traballo para eles.

Comeza a Semana Santa sin a bendición de ramos nas igrexas