jueves. 29.02.2024

Este Nadal o concello vivirá unas festas diferentes, destinadas a manter vivo o espíritu pero previndo contaxios por COVID-19

Este ano debido a pandemia provocada polo COVID-19 o Concello de Vilariño de Conso vivirá un Nadal diferente, pero destinado a non esquecer as datas tan especiais.

Uno dos obxetivos que teñen dende este municipio é que a xente viva o ambiente típico desta época, malia non poder estar cas familia ao completo xa que moita xente non regresará a vila a partir da semana de Noiteboa.

«Cas perspectivas que temos non se van a poder xuntar e será un nadal algo atípico e solitario, por algo queremos que se note, os nenos non teñen porque pagar as consecuencias da COVID, pensando neles todos temos que facer un esforzo» subliñou a alcaldesa da localidade Melisa Macía.

Por elo, realizaránse varias actividades destinadas a eles, ca visita do Pandigueiro, figura que se está comenzando a recuperar, que acode aos fogares das aldeas do Macizo Central entre o 24 e o día 31 para deixar os seus agasallos. Tampouco faltarán a cita cos cativos as S.M os Reis Magos de Oriente, pero no 2021 o farán pobo por pobo para evitar aglomeracións e posibles contaxios por Coronavirus.

Tamén haberá un concurso, neste caso de decoracións de aldeas e casas, por elo os que o desexen deberán apuntarse e engalanar os fogares e rúas, posteriormente as instantáneas das mesmas subiránse ao Facebook "Destino Vilariño" e a imaxe con máis "Gústame" será a vencedora sendo obsequiada cunha cesta de productos da zona.

«Faise máis costoso porque son 15 aldeas pero creo que merece a pena» afirmou Macía sobre os diferentes eventos, que así mesmo fixo fincapé na ilusión dos mesmos, neste Nadal tamén instalaránse luces decorativas.

Se desexa escoitar todo o que comentou Melisa Macía, alcaldesa de Vilariño, pode facelo na seguinte ligazón:

Vilariño prepárase para un Nadal «de aldea en aldea»