martes. 24.06.2025

Vilariño instalará un parque acuático inchable na área recreativa

Dende o concello subliñan que as iniciativas na área recreativa poden atraer a un turismo máis familiar

O Concello de Vilariño prepárase para o verán buscando iniciativas para a área recreativa. Entre elas encóntrase a instalación dun parque acuático inchable nesa zona. Para a alcaldesa Melisa Macía esto pode axudar a que comence a haber turismo familiar e que os cativos salgan das súas casas tras un ano complicado.

A súa vez recorda que dende os colexios de Valdeorras están a chamar ao consistorios para subir ata a localidade a realizar actividades, buscando a mellor maneira de encaixar a oferta ca posible demanda.

Malia iso a falta de servizos merma as posibilidades turísticas de Vilariño. Macía recorda que actualmente traspásase un bar na propia praza do pobo, salientando a importancia de ter un mínimo de posibilidades para poder ofertar aos visitantes un lugar onde comer ou poder descansar.

Por elo anima a todo aquel que desexe emprender no concello a acudir as oficinas municipais e dende alí buscarán unha opción viable para axudar a crear novos negocios. Macía recorda que nas últimas datas moitas familias animáronse a preguntar por vivendas para mercar ou alugar.

Vilariño instalará un parque acuático inchable na área recreativa